As radiografías do agro de Anxo Cabada

R. G.

DEZA

09 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Anxo Cabada Álvarez é un veciño de Sabucedo que hai anos que deixou físicamente a aldea sin ser quen de despegarse anímicamente dela. Terragrafías , a mostra que pode verse ata o día 17 na sala Caixanova da Estrada, é a demostración. As fotos en riguroso branco e negro do estradense e os textos de vinte autores galegos debuxan unha visión poética do rural e rinden homenaxe ás novas xeneracións de galegos que tiveron a valentía de apostar polo agro como medio de vida. Nesa ollada á terra como tradición, como sustento e como ferida non podían faltar caras e ritos estradenses. Está, inevitablemente, a Rapa das Bestas. Están tamén tres socias da cooperativa agrícola de Lamas e un pastor de Monte Cabalar. O traballo refléxase nos rostros que Anxo cabada perseguiu durante un ano por toda Galicia. Desde Entrimo ata Sabucedo.