pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.deza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | j.m. martínez barreiro, «bamarti» piloto gañador da última edición do rali do cocido «Vímonos máis tranquilos e soltos co coche»

O piloto estradense proclamouse vencedor do Rali do Cocido, e volve a comandar a clasificación de pilotos do Galego

Autor:
Lorena García Calvo
Fecha de publicación:

O podio do décimo quinto Rali do Cocido rematou con José Miguel Martínez Barreiro, Bamarti, no máis alto. O piloto da Escudería Estradense conseguiu a vitoria nunha proba marcada pola masiva afluencia de público e a esixencia dos tramos.

-Subiu de novo ao máis alto do podio do Rali do Cocido.

-Si, ás veces as cousas saen, e outras non; e esta saíron. Tiñamos moita ilusión, e conseguímolo.

-En teoría, os treitos do rali non se adaptaban nada ao seu 306 Kit-Car, pero vistos os tempos, calquera o diría...

-Perdemos tempo no primeiro tramo por problemas no alternador, pero aínda así vimos que iamos a bo ritmo. No segundo, perdermos menos tempo do previsto porque chegamos con tanta rabia do sector anterior, que lle puxemos todas as ganas e a ilusión; tanta que ao final só perdemos cinco segundos.

-Entón, ao Cocido xa chegaron co ritmo collido.

-Realmente, tras estar parados todo o ano pasado, no Ulloa non demos collido o ritmo, pero aquí tiñamos que collelo rapidamente. Somos un equipo que imos sempre a gañar, e puxémonos un reto claro. Ao acabar o primeiro tramo a un segundo vimos que estabamos aí, e estabamos listos para pelexar. A verdade é que nos vimos máis tranquilos e soltos co coche; ademais xa non lle tiñamos medo á resposta do motor; pensabamos unicamente en gañar.

-¿Cando viron que tiñan opcións?

-Cremos que podiamos gañar tras o primeiro tramo, porque o coche respondía ben en condicións adeversas, pero antes do segundo xa deixamos de crelo polos problemas e as penalizacións, así que fomos a polo segundo, e a estar preto por se había algún problema de Burgo. Tentamos meter presión, e aproveitamos a ocasión cando se nos presentou.

-¿Acadada a cabeza da clasificación, despois optou por mantela, ou arriscou?

-Os tres últimos tramos foron para manter o ritmo, e coidando o coche. Tentamos seguir adaptándonos a el.

-¿Non había medo de que Rico apertara?

-Tiñamos de marxe case un minuto co segundo, polo que era moi difícil que atacara, porque había bastante marxe; pensamos que el iría a manter o segundo, e iso tamén nos axudou a nós a conservar o primeiro posto. Ao final, coas penalizacións, gañamos por máis dun minuto.

-¿O 306 está xa a punto?

-Penso que funcionou mellor que no Ulloa porque o motor xa estaba rodado. Nós tamén estivemos máis soltos e acoplados, e ao final era máis sinxelo manter o ritmo.

-Atópase xa á fronte do Campionato Galego.

-O campionato é moi grande; imos primeiros, pero non quere dicir nada, só que estamos mellor colocados, pero hai que seguir.

-¿Que lle pareceu o Rali en termos xerais?

-Foi moi bonito, e a xente comportouse moi ben e estivo moi ben colocada. Da gusto ver como este deporte se está consolidando, e como arrastra milleiros de persoas dende toda Galicia, e tamén de fóra.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | j.m. martínez barreiro, «bamarti» «Vímonos máis tranquilos e soltos co coche»

O piloto estradense proclamouse vencedor do Rali do Cocido, e volve a comandar a clasificación de pilotos do Galego

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Vímonos máis tranquilos e soltos co coche»
Bamarti, co seu copiloto Manolo Campos, gañou o Rali do Cocido
Autor de la imagen: | M. MÍGUEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.deza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.deza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.