pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.deza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

A Estrada revive a súa loita polo galego

No ano 1980 un mestre do Foxo foi denunciado por impartir en galego máis de tres horas semanais. A resposta foi unha manifestación que se lembrará este venres

Autor:
Rocío García
Fecha de publicación:

Nos últimos trinta anos cambiaron moitas cousas. Outras seguen parecido. Daquela non había móviles nin A Estrada podía gabarse de ser Cidade Dixital. Agora si. Daquela a convivencia harmónica do galego e do castelán parecía unha utopía. Agora a cousa segue por un camiño non moi distinto. Entón había concentracións para defender o uso do galego. Agora hai surrealistas manifestacións polo castelán e contramanifestacións en pretendido apoio do galego. Normalidade, a mínima.

Precisamente neste ambiente de desacougo A Estrada vai celebrar este venres o trinta aniversario dun dos episodios locais máis sonados da loita polo galego. O desencadeante dos feitos foi a denuncia contra un mestre do colexio do Foxo por impartir en galego máis clases das que a lei lle permitía. Despois de dar clase na escola unitaria de Berres, o mestre estradense, Alfonso Castro López, pasou a exercer no centro público de EXB do Foxo, onde se concentrou a docencia dos escolares das parroquias máis próximas. Alfonso Castro sempre impartira docencia en galego. «Os rapaces falaban galego e eu tamén, parecíame máis lóxico darlle as clases no seu idioma e máis no meu», lembraba onte o mestre, que agora traballa no IES do Porriño.

No curso 79-80 publicouse un decreto de bilingüismo que permitía a docencia en galego pero limitábaa a tres horas por semana. Alfonso Castro, que impartía clase ós alumnos de cuarto de EXB, non colmulgaba co decreto e seguiu dando tódalas súas clases en galego, como sempre fixera pese a non estar permitido. O que non esperaba era terse que enfrontar a unha denuncia. A asociación de pais de alumnos do colexio protestou polo «exceso» de clases en galego dos seus fillos. «Supoño que o fixeron manipulados por alguén», comenta Alfonso Castro. O mestre recibeu unha visita da Inspección. «Eu tiven sorte e a cousa quedou en nada, pero outros compañeiros foron expedientados polo mesmo», lembra.

Na Estrada o suceso provocou unha revolta social. Mestres, intelectuais e galeguistas en xeral convocaron unha manifestación que acadou unha resposta importante. Atacaban o decreto de bilingüismo e defendían «o dereito irrenunciable ó uso do galego no ensino». A manifestación celebrouse o 16 de marzo de 1980. Este venres recordaránse eses feiros no teatro Principal da Estrada. Farase no transcurso dun acto no que se presentarán un deuvedé e unha unidade didáctica elaborados polo historiador Xoán Carlos Garrido sobre a historia do ensino na Estrada. A presentación terá lugar ás 20.30 horas e os asistentes serán agasallados cun exemplar do deuvedé e outro da unidade didáctica, publicados baixo o título A derradeira lección do mestre . No acto participarán o autor do material didáctico e o mestre denunciado no 1980, Alfonso Castro López.

 

ENVIAR NOTICIA  

A Estrada revive a súa loita polo galego

No ano 1980 un mestre do Foxo foi denunciado por impartir en galego máis de tres horas semanais. A resposta foi unha manifestación que se lembrará este venres

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
A Estrada revive a súa loita polo galego
O caso de Alfonso Castro -cuarto pola esquerda- dou pe a unha manifestación na Estrada
Autor de la imagen: | ARQUIVO X. C. GARRIDO
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.deza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.deza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.