pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Trinta toneladas menos de lixo espallado polos montes

Ao longo de seis meses os grupos de mulleres que contratou o Concello de Lalín actuaron nunha vintena de depósitos

Autor:
Amelia Ferreiroa
Fecha de publicación:

O concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Lalín, Román Rodríguez, acaba de loubar o traballo desenvolvido polas dúas brigadas de mulleres que -contratadas polo ente local- se adicaron a limpar vertedoiros incontrolados. Depósitos espallados polo rural lalinense que estas mulleres limparon íntegramente. A labor realizada é encomiable, segundo apuntou o edil de Medio Ambiente, xa que conseguiron recuperar espazos do rural.

Este grupo de traballo retirou arredor de trinta toneladas de lixo nos últimos seis meses, actuando nunha vintena de depósitos que se ubicaban en lugares dispares do termo municipal lalinense. En concreto as brigadas traballaron no contorno do castro de Parada, en Filgueira, Castro de Abaixo, Zobra, Barreiro, Vilanova, A Xesta, no Paseo do Pontiñas -no casco urbán lalinense-, en Cadrón, Bermés, Sello, Castro de Cabras e recentemente no Pozo Negro de onde retiraron grande cantidade de rodas en colaboración cun grupo de lalinenses, moitos deles vinculados ao Proxecto Ríos.

Os dous grupos de mulleres, maiores de 45 anos, comezaron a traballar alá polo mes de outubro ao abeiro dunha contratación feita dentro do Programa de Promoción do Emprego, en colaboración coa Consellería de Traballo. Mulleres que non só se adicaron a retirar lixo dos vertedoiros senón que levaron a cabo «unha importante labor a nivel educativa e social entre os veciños, fomentando a reciclaxe e a correcta separación de residuos», puntualizou Román Rodríguez. O luns rematou a tarefa destes dous grupos, con balance altamente positivo respecto ao traballo realizado: 30 toneladas menos de lixo nos nosos montes e unha vintena de lugares perfectamente limpos. Agora resta desexar que non volten a espallarse residuos polo termo municipal adiante e que se manteñan en boas condicións os contornos do rural onde se levaron a cabo tamén labores de humanización, con prantacións e adecentamento de pequenos espazos verdes. De feito, nalgún depósito concreto foi preciso actuar en máis dunha ocasión. Caso, por exemplo, da zona do Pozo Negro que segue a ser un lugar frecuentado en numerosas ocasións por aqueles que non respetan o medio ambiente.

 

ENVIAR NOTICIA  

Trinta toneladas menos de lixo espallado polos montes

Ao longo de seis meses os grupos de mulleres que contratou o Concello de Lalín actuaron nunha vintena de depósitos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Trinta toneladas menos de lixo espallado polos montes
| Marcos Míguez
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.deza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.deza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd