«A xente gústalle probar colonias novas»

M. G.

DEZA

Ana González está o frente da Droguería Luisa de Silleda, que leva máis de treinta anos aberta. Nel únese xoguetería e droguería, ademáis de complementos e artículos de bebés. Agora están preparando todo para a campaña de nadal, incluindo unha reforma na tenda. Explica que o máis difícil é mercar con máis de seis meses de antelación, sen saber qué productos van a demandar máis.

-Con esta diversidade, ¿notan maiores ventas de cada un segundo a época do ano?

-Si, hai producto estacional. As colonias véndese durante todo o ano; os bolsos, sobre todo a principio das campañas. E despois, tamén por Nadal, Día do Pai, para regalos, para santos...

-A hora de elexir unha colonia, ¿repítese ou búscanse novas?

-A xente gústalle probar colonias novas. Hai clientes que non cambian, pero ás veces non o fan porque non hai outra que lle guste máis, pero si proban e intentan cambiar.

-¿Cales son as colonias máis demandadas?

-Agora é cando empezan a lanzarse as colonias cara o nadal. Na temporada pasada, foron a Amor, amor de Cacharel, Pink de Lacoste, as de Jean Paul Goltier, as de Tommy Hilfiger...

-E na maquillaxe, ¿tamén se cambia moito?

-Si, cambian. Sobre todo a xente xoven, a maior igual é reacia a cambiar. O que máis se vende é L'Oreal.

-Combinar tanta variedade de productos, ¿non é moi difícil?

-Así é que hai que ter un motón de espazo e ter unha grande variedade para competir en cada unha das seccións que traballamos.