Metaldeza patrocinará ao C.N. Lalín e a Fundación do Deporte

La Voz

DEZA

A firma Metaldeza e a súa marca comercial Metal Marine son xa novos patrocinadores da Fundación Deporte en Lalín logo de que onte Xosé Crespo, presidente da Fundación, e Ramón Cuíña, presidente de Metaldeza asinaran o convenio. Unha parte da aportación de Metaldeza destinarase ao patrocinio do Club Natación Lalín, explicaron dende a Fundación.