O Club Deportivo Lalín ten por diante unha semana do máis axetreada. En só sete días os homes que prepara José Manuel Alonso Acevedo deberán disputar tres encontros, e os tres ante rivais complicados que loitan na zona alta da clasificación. O C.D. Lalín abrirá fogo á súa semana maratoniana este domingo na casa do Coruxo, situado cuarto na táboa, e empatado a puntos cos de Acevedo. Sen moito tempo para planificar o seguinte encontro, o Lalín deberá desprazarse o vindeiro xoves á casa do Ciudad Santiago para xogar o partido adiantado correspondente á décimo sexta xornada da Liga. Acevedo xa precisou onte que «preferiría jugarlo en el día que le correspondía porque es un rival muy complicado, pero la Liga está así, así que supongo que las sesiones de entrenamiento de lunes y martes serán de recuperación», antes de atoparse cara a cara co líder da clasificación. A terceira cita deportiva que ten por diante o Lalín será no Manuel Anxo Cortizo perante o Verín, oitavo no campionato con só dous puntos menos que o conxunto dezano. Os de Acevedo teñen unha semana complexa, pero o técnico lembra que «problemas los tendremos todos los equipos porque estamos en las mismas circunstancias». Dúbidas A maior das problemáticas que Acevedo se podería atopar na semana que se lle presenta está no cadro de xogadores. Para o partido ante o Coruxo o técnico xa sabe que non poderá contar con Manu, que cumprirá o seu partido de sanción. No capítulo de dúbidas entran Martin, que na sesión de mércores só puido correr por mor das molestias que arrastra na cadeira; David Soares, afectado por unha gastroenterite, e Toño, con molestias nun abdutor. Acevedo, que se amosou positivo, lembrou que «somos 18, y cualquiera de los 18 puede jugar»; dixo que a maior dúbida está en Martin, posto que os demais xogadores agarda que poidan recuperar ben para o domingo. O preparador do C.D. Lalín considera que a plantilla da que dispón é «suficiente», e que se atopa nun bo momento. «Tenemos la moral intacta y muchas ganas de seguir compitiendo. Sabemos que en nueve partidos es lógico perder alguno», rematou o técnico. Manter o xogo Ata o de agora José Manuel Alonso Acevedo está satisfeito co traballo da plantilla, e co rendemento do xogo sobre o céspede. «Fuera de casa no vamos a cambiar nada, porque estamos trabajando bien», e engadiu, «en casa es posible que cambiemos algún jugador, pero también hay que tener en cuenta el rival con el que jugamos, porque no es lo mismo enfrentarse a un equipo que busca el juego directo que a otro que viene a jugar» lembrou.