O grupo poético De Amor e Desamor celebra os seus 25 años

La Voz

CULTURA

15 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Durante este ano, os segundos martes de cada mes, a sede da asociación cultural Alexandre Bóveda, na Coruña, acollerá un recital poético para celebrar os 25 anos do grupo De Amor e Desamor. Esta xeración xurdía na cidade coruñesa en 1984 e reunía a poetas que van desde o falecido Lois Pereiro ata Monterroso Devesa, pasando por Xavier Seoane, Manuel Rivas, Lino Braxe, Pilar Pallarés, Miguel Mato e Salinas Portugal. Estes autores publicaron entón un poemario actualmente descatalogado.

Raimundo Martínez, de Alexandre Bóveda, explicou que os recitais serán os martes, ás 20.30 horas, agás en xullo e agosto, que non haberá; salientou que serán intimistas «porque a capacidade deste local é de 40 persoas». Miguel Mato, organizador destes encontros, adiantou que tratarían de pechar o ciclo «cunha gran gala e se temos apoio levaremos estes recitais a outras cidades galegas». Tamén preparan un novo libro con textos destes autores e ilustrado con obras do grupo Atlántica.

María Xosé Bravo, concelleira de Cultura, salientou a «efervescencia cultural dos anos oitenta na cidade», citou a Manuel María e apuntou que estes recitais son unha oportunidade para gañar lectores.