pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

obituario Galicia perde a Ramiro Fonte, unha das maiores voces das súas letras

Os restos do escritor, que faleceu en Barcelona, recibirán sepultura mañá en Pontedeume

«Foi dos máis grandes autores da lingua galega», declarou onte o ministro de Cultura, César Antonio Molina

Autor:
Ramón Loureiro
Fecha de publicación:

O poeta e narrador Ramiro Fonte, director do Instituto Cervantes en Lisboa e unha das voces fundamentais da literatura galega, faleceu onte de madrugada en Barcelona a consecuencia dunha longa enfermidade que o mantiña ingresado no hospital de Bellvitge desde o pasado día 23 de setembro. Tiña 51 anos de idade, e ata os seus últimos días traballou na preparación da súa antoloxía poética, que verá a luz de inmediato da man da Sociedade de Cultura Valle Inclán de Ferrol. Un libro que el, esta mesma semana, chegou a ver impreso, o que lle deu unha das súas últimas alegrías, que o deixou fondamente emocionado.

Moi emocionado tamén, e visiblemente abatido, estaba onte o ministro de Cultura, César Antonio Molina, un dos máis queridos amigos de Ramiro Fonte. «Espero que agora -dicía Molina, coa voz entrecortada- Galicia lle renda a Ramiro a homenaxe que lle debe. Foi un dos máis grandes autores da lingua galega. Como poeta, pero tamén como narrador -subliñou o ministro-. E ademais foi sempre un home que soubo andar con paso firme o seu camiño, sen deixarse tentar xamais polos cantos de serea».

Os restos de Ramiro Fonte velaranse hoxe no tanatorio eumés, en Campolongo. E mañá, a partir das 11 horas, na Casa do Concello de Pontedeume, onde permanecerán ata as 17 horas, que é o momento fixado para a saía da comitiva fúnebre en dirección ao cemiterio da vila. A continuación, ás 18 horas, oficiarase unha misa funeral polo eterno descanso da súa alma; será na igrexa eumesa de Santiago.

Eloxio da lucidez

Entre os que onte expresaron a súa dor polo falecemento do poeta estivo o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen sinalou que o escritor eumés era unha das voces «máis lúcidas da nosa literatura». Fonte, dixo Touriño, era «un amigo e unha persoa entrañable, que sempre puxo o seu talento e a súa pluma ao servizo do noso país». Ao mesmo tempo, o alcalde eumés, Gabriel Torrente, sinalaba, mentres o seu Concello agardaba a chegada dos restos do poeta, a extraordinaria transcendencia da obra literaria de Fonte e os vínculos da súa literatura coa súa paisaxe natal. En moi semellantes termos se expresaba Belarmino Freire, amigo persoal de Ramiro e de toda a súa familia, e gran namorado da súa obra: «Os eumeses -dicía, conmovido- despedímonos de Ramiro con fondo agradecemento. Coa súa obra, chea de universalidade, ensinounos o mundo». Carmen Caffarel, directora do Cervantes, fixo pública a «consternación» e a «tristeza» de toda a súa institución.

 

ENVIAR NOTICIA  

obituario Galicia perde a Ramiro Fonte, unha das maiores voces das súas letras

Os restos do escritor, que faleceu en Barcelona, recibirán sepultura mañá en Pontedeume

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Galicia perde a Ramiro Fonte, unha das maiores voces das súas letras
Ramiro Fonte, fotografiado en Barcelona a finais de xuño
Autor de la imagen: | RAMÓN LOUREIRO

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.