O reintegracionismo galego está oficialmente convidado

La Voz

CULTURA

06 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O reintegracionismo galego, un movemento cívico organizado nos oitenta e que defende unha ortografía para a lingua da comunidade que se asemelle á dos países lusófonos, terá dous oradores na sesión de mañá: Alexandre Banhos, presidente da Associaçom Galega da Língua, e Ângelo Cristovão, da Associação Cultural Pró Academia Galega da Língua Portuguesa.

Banhos, de 54 anos, é licenciado en Ciencias Política e en Socioloxía pola Universidade Complutense, exerce como funcionario da Xunta, e é membro do Comité Latinoamericano de Administración para o Desenvolvemento. Durante anos tivo responsabilidades na CIG, alén de ser coñecido militante do BNG. Preside desde o ano pasado a Agal, asociación legalizada en 1981.

Cristovão, de 43 anos, licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago, é empresario, participa na organización dos Colóquios da lusofonia desde hai cinco anos, e a súa entidade foi recoñecida o mes pasado pola Consellería de Cultura.