pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

arqueoloxía Espeleólogos vigueses descobren no Pindo restos da Idade do Bronce

O deterioro e o retraso na catalogación aconsellaron o rescate documentado de nove anacos cerámicos

Unha delegación do Clube Maúxo depositará hoxe as pezas no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña

Autor:
Tucho Calvo
Fecha de publicación:

É un dos montes míticos de Galicia, o que se di que albergou o Olimpo celta e o que probablemente deu orixe a máis lendas. Pero o certo é que non se coñecían xacementos arqueolóxicos nel. É agora cando o Pindo, situado no concello de Carnota (A Coruña) mirando ao mar da Fisterra, ofrece da man dun descubrimento dos espeleólogos do Clube Maúxo de Vigo unha mostra clara da pegada dos nosos antergos. Trátase duns restos de cerámica correspondentes á Idade do Bronce que unha delegación do club entregará hoxe como depósito no Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón da Coruña. «A ver se así se ocupa algún arqueólogo de escavar en serio», di o secretario do club, Xavier Groba. O achado de fragmentos á vista no interior dalgunhas pasaxes dunha cova produciuse casualmente xa o ano pasado nos montes do Pindo, coincidindo coa preparación dun congreso internacional (International Conference on Granitic Caves) coorganizado polo Clube Espeleolóxico Maúxo e mais a comisión do Pseudokarst da Unio International Spelology (vinculada á Unesco) e o Instituto Universitario de Xeoloxía (IUX) Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña. Ao citado evento, en setembro do 2007, asistiron 30 estudosos especializados (xeólogos, xeógrafos, espeleólogos...) no estudo de covas graníticas e materiais semellantes (cuarcitas, cuarzo...) de 14 países, visitándose as covas de seixo (Pico Sacro) e granito (principalmente a cova de O Folón, Vigo, e as da serra do Galiñeiro e Baiona) máis sobranceiras de Galicia e Norte de Portugal (visitouse tamén o Castelo das Furnas, en Boivão, Valença).

O achado foi comunicado inmediatamente ás autoridades da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, mais transcorridos os meses, e tendo en conta o retraso na catalogación do lugar e o deterioro que se observaba que estaban a sufrir algunhas pezas pola acción das augas soterradas, os membros de Maúxo procederon ao rescate documentado de nove anacos cerámicos, os que hoxe depositan no museo de San Antón para a súa custodia e exposición pública.

 

ENVIAR NOTICIA  

arqueoloxía Espeleólogos vigueses descobren no Pindo restos da Idade do Bronce

O deterioro e o retraso na catalogación aconsellaron o rescate documentado de nove anacos cerámicos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Imaxe tomada na propia cova o día en que se identificou a cerámica decorada | J. R. Vidal Romaní ?
José Cernadas
José Cernadas

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd