«Nos oitenta valía todo; hoxe esíxese una selección máis profunda»

La Voz

CULTURA

30 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

«O debate sobre se a calidade do que se escribe hoxe en galego é boa ou mala entra dentro dese proceso de normalización. Nos oitenta había tanta fame de ler en galego que valía todo. Hoxe atopámonos coa universalización das literaturas. E claro que se esixe unha selección máis profunda. Hai que apostar por crear un ámbito de excelencia».

«Entre os autores emerxentes que máis me interesan está Anxos Sumai. Neste ano asentáronse Teresa Moure e An Alfaya, e algún outro coma Domingo Villar, ao que non se lle ten prestado a atención que merece». Saír. «Acudir ás feiras internacionais entra na liña de apertura e aprendizaxe das editoriais. Trátase de buscar novos mercados. Tamén ocorre coas traducións. Kalandraka e Oqo son dous referentes; pero este ano teño que salientar o esforzo que fixeron Galaxia, Rinoceronte ou Factoría K. A compra-venda de dereitos estase a xeneralizar. E para o 2008 sabemos que A Nosa Terra vai editar en portugués, catalán e vasco; que Hércules se vai expandir a Portugal; e Kalandraka tamén apostará no mercado luso e en América. Temos que ir cara a especialización e cara a diversidade».