pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

literatura Os premios dos editores galegos destacan a narrativa breve do 2007

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, galardoado polo seu labor de difusión literaria

Anxos Sumai, Séchu Sende e Agustín Fernández Paz foron os tres autores recoñecidos na Noite da Edición

Autor:
Camilo Franco
Fecha de publicación:

Os editores galegos escolleron na noite de onte aos seus favoritos do 2007. Preferiron a narrativa breve á hora de elixir as mellores das historias publicadas entre novembro do ano pasado e o actual decembro. Na Noite da Edición, celebrada no Aquarium Finisterrae, coincidiron as valoracións sobre a cualidade e a cantidade do publicado ao longo do ano polo sector en Galicia e en galego.

Tres autores, un tradutor, un ilustrador e mais un dos eventos destacados do panorama libreiro galego foron distinguidos cos premios dos editores galegos. Anxos Sumai, Séchu Sende e Agustín Fernández Paz foron os tres escritores que, a criterio dos editores do país, merecen o recoñecemento do sector editorial. Xabier Senín e Isabel Soto recibiu o premio como tradutor e Carlos Silvar como ilustrador. No apartado que salienta a colaboración co sector dos editores e mais o traballo en favor do libro galego, o gañador foi o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

A escritora Anxos Sumai mereceu o premio que a Asociación Galega de Editores destina a salientar ao autor do ano. Gañadora do Repsol de narrativa breve este mesmo ano por Así nacen as baleas (Editorial Galaxia) durante, este mesmo ano que remata Sumai tamén acadou o Blanco Torres de opinión. Recén publicado, o libro Así nacen as baleas conta a historia dun retorno que sirve para retratar o mundo desde unha perspectiva singular.

Séchu Sende publicou Made in Galiza (Galaxia), unha colección de relatos brevísimos que gravita desde o humor sobre o conflito lingüístico e algunhas das súas paradóxicas situacións derivadas e que foi distinguido co premio ao libro do ano polos editores do país na cea de onte.

Recén presentado o libro O único que nos queda é o amor (Edicións Xerais), Agustín Fernández Paz xa foi distinguido como o autor do 2007 na categoría infantil e xuvenil, unha categoría da que o escritor se desmarcaba como única para referirse a este volume de relatos breves con historias de amor e desamor e que buscan un lector de calquera idade.

Como libro ilustrado deste mesmo exercicio, os editores galegos sinalaron outra novidade: a Guía dos mamíferos de Galicia (Baía Edicións), que ofrece ilustracións de Calros Silvar e que vai retratando ata un cento dos principais animais do país para acompañar as fichas.

No apartado de libros traducidos, a Noite da Edición deu como gañador a versión sintetizada que Xavier Senín fixo de A odisea (Editorial Rodeira), para os lectores máis novos e que, cunha linguaxe sinxela e próxima, pretende aproximar aos nenos unha historia que se atopa no centro da cultura occidental.

 

ENVIAR NOTICIA  

literatura Os premios dos editores galegos destacan a narrativa breve do 2007

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, galardoado polo seu labor de difusión literaria

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd