pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

FERRAMENTA CULTURAL As librerías galegas incorpóranse á máis grande plataforma en rede

Cegal ten rexistradas máis de 1.700.000 referencias de libros

Autor:
camilo franco
Localidad:
santiago / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Os libreiros galegos sumáronse a Cegal, unha plataforma na que están presentes os libreiros, distribuidores e editores, e que na actualidade supón o máis grande escaparate dos libros en España, sobrepasando 1.700.000 referencias.

A parte galega chámase Cegal en Rede e a través da web todostuslibros.com permitirá aos lectores localizar e obter información sobre o máis grande catálogo de libros en calquera das linguas de España. Ademais de localizar un título, esta plataforma indica o número de librerías no que esa referencia está nos fondos e ofrece una ligazón web para o caso das librerías que teñan ese tipo de venta en rede. Nos outros casos ofrece a localización da librería.

Pero Cegal é unha ferramenta que ofrece posibilidades aos profesionais. Entre elas, información sobre onde e como se venden determinados títulos, números de exemplares que ten cada librería e outra serie de datos que, segundo o presidente dos libreiros galegos, Xurxo Patiño, «permitirá ter unha información detallada do mercado dos libros».

Trinta e seis librerías galegas xa están incorporadas a Cegal, das que 24 teñen xa dispoñibilidade de fondos. Patiño considera que esta cifra é representativa do mercado galego, pero sinala que o ideal sería «duplicar o número» para superar as cincuenta. Unha cifra que podería acadarse na próxima primavera.

Tanto Xurxo Patiño, como Manuel Bragado, preside dos editores, e Alfonso Sanmartín apuntaron que esta plataforma beneficiaba a todos os axentes implicados na cadea do libro, incluídos os lectores. Bragado sinalou que Cegal é, de feito, «o catálogo máis amplo do libro galego vivo». Patiño considera que é unha aposta «decidida pola modernización».

 

ENVIAR NOTICIA  

FERRAMENTA CULTURAL As librerías galegas incorpóranse á máis grande plataforma en rede

Cegal ten rexistradas máis de 1.700.000 referencias de libros

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
As librerías galegas incorpóranse á máis grande plataforma en rede
Máis de trinta locais participan xa no proxecto.
Autor de la imagen: miguel villar
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.