«Faltaría máis que non reclamara os danos causados na miña casa»

Elena Silveira
E. Silveira OLEIROS / LA VOZ

A CORUÑA

Na súa charla cos lectores de Lavoz.es, o alcalde di que se presenta á reelección co aval de «3.746 persoas»

24 mar 2011 . Actualizado a las 11:57 h.

O alcalde de Oleiros e candidato por Alternativa dos Veciños á reelección contestou onte ás preguntas que os internautas lle plantexaron a través do Encuentro digital organizado por Lavoz.es. Estas son algunhas respostas:

-Defina con una frase a los candidatos de la oposición.

Dios los da, ellos se juntan».

-¿Por qué sigue presentándose a las elecciones? ¿Tiene miedo a no saber qué hacer sin poder?

-Sigo presentándome porque os cidadáns así o demandaron nunhas eleccións asemblearias e primarias abertas. Teño o aval de 3.746 persoas do concello.

-¿Qué piensa sobre la vuelta a la política municipal de un señor que presume de haber conseguido logros importantes para Oleiros, cuando fueron gracias al gobierno central y al esfuerzo del Concello?

-Dime do que presumes e direiche do que careces.

-Sorprende su reclamación de indemnización por el derribo de su casa, cuando fue usted mismo el que se concedió la licencia. ¿De verdad piensa continuar con semejante demanda o solo es una maniobra electoralista?

-Faltaría máis que non reclamara os danos que por motivos políticos me ocasionaron. Hai dúas sentencias que me eximen de calquera infracción urbanística. A miña familia non ten que pagar os erros da administración do Estado e da autonómica.

-Son veciña de Maianca cunha filla de 8 meses. ¿Para cando a escola infantil en Mera?

-A Xunta negouse a que a zona norte do municipio teña unha escola infantil. Nestes momentos o Concello está a abordar as obras necesarias para a adecuación da Casa Labarta en Mera, para que poida funcionar o próximo curso como escola infantil.

-El PGOM fue aprobado parcialmente. ¿Cuál es la situación de los núcleos que la Xunta mantiene en suspenso?

-A situación dos núcleos urbáns, que foron marxinados polos gobernos autonómicos do bipartito e do PP, é unha aberración. Estes quitaron un dereito a uns veciños cuxos núcleos estaban considerados urbáns en anteriores plans. Alternativa dos Veciños ten presentado un contencioso para que sexan recoñecidos como tales.

-¿Por qué muchos funcionarios del Concello no llegan ni a mileuristas?

-Na Casa do Concello de Oleiros non hai mileuristas.

-¿Por qué siempre insulta a la oposición y a las demás administraciones?

-A oposición está empeñada en que cada frase miña se interprete como un insulto. É unha táctica. As verdades sempre molestan.

-¿No caso de saír reelixido, cal será a súa postura sobre a construción dun novo colexio na parroquia de San Pedro de Nós?

-A miña postura será contundente contra os que intenten seguir privándonos do citado colexio. Oleiros necesita un novo colexio e ten que ser en Nós.

-¿Cando vai saber o chan que vai quedar afectado realmente pola pegada sonora de Alvedro?

-O goberno municipal está mantendo conversas cos responsables do Ministerio de Fomento. Cónstanos que a pegada sonora vaise reducir coa aprobación do plan director de Alvedro. Alternativa dos Veciños ten presentado un pleito na defensa de todos os afectados.

Encuentro digital ángel García Seoane, candidato de Alternativa dos veciños en Oleiros