«Imos dous días ao longueirón para axudar a pagar as festas»

S. G. CARBALLO/LA VOZ.

VIGO CIUDAD

05 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Soledad Santos ten 45 anos e leva cinco como responsable das festas de San Ramón de Vigo e Mallas, en San Martiño de Duio (Fisterra).

-¿Por que celebran tan tarde a San Ramón?

-Sempre se fai na fin de semana seguinte ao 31 de xullo, salvo que caia en sábado. É unha tradición de moitos anos, disque un ano morrera o da comisión o día da festa e quedou para o seguinte.

-¿É unha festa grande?

-Cando as recuperamos apenas xuntabamos 3.000 euros, hoxe a cousa xa está moito mellor. Pero custa moito. Ata imos dous días ao longueirón para axudar a pagalas. E tamén temos a taberna, pedimos polas portas (son unhas 50 casas, entre Vigo e Mallas), vendemos lotería e rifas para ir a un balneario.

-Quen o pillara, porque se han de cansar moito.

-Si, é que isto dá moito traballo,. Temos xente que colabora, pero as que realmente traballamos somos miña prima Xunqueira e eu. Por certo que a ela vaille tocar coller o relevo.

-¿Que temos para a xornada de hoxe?

-Hoxe é o último día e xa non hai baile. O do venres rematou onte ás 9.00 da mañá. Hoxe é o día do neno, haberá inchables pola tarde.