Enlaces interesantes

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

24 ene 2015 . Actualizado a las 13:28 h.

n http://www.light2015.org (en inglés)

É a web oficial do Ano Internacional da Luz. Ademais dos documentos oficiais da ONU e a Unesco, contén unha gran cantidade de información e moitos recursos.

O meu capítulo favorito é o titulado «Hands On Involvement». Contén recursos para preparar e impartir charlas e conferencias, artigos científicos interesantes e ligazóns a recursos educativos.

Tamén contén un apartado (Smartphone Science) con aplicacións para converter o teu teléfono intelixente, que é un dos dispositivos fotónicos máis avanzado, nunha ferramenta de investigación.

- http://www.luz2015.es (en español)

É a páxina oficial española do Ano Internacional da Luz. Non contén tantos recursos como a internacional, pero é perfecta para manterse informado sobre os eventos , acontecementos, actividades e proxectos do AIL en España.

O seu capítulo de Recursos contén vídeos, material gráfico, artigos de divulgación e «podcast» de radio. E o de Proxectos Relacionados infórmate sobre proxectos docentes, artísticos, industriais e de divulgación científica relacionados co AIL español.

- http://ail2015.laserphotonics.org/ (en galego)

Páxina do Ano Internacional da Luz 2015, con toda a información sobre as actividades do AIL que se van celebrar en Galicia. É unha páxina en construción que haberá que ir visitando segundo avance o ano.