«Queremos que Galiza Nova sexa un referente para a mocidade»

Paula souto RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

O representante local diferenza a organización que lidera do partido político ao que ideoloxicamente pertence

01 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Con só 19 anos, Manuel Seijas é o responsable local da asociación Galiza Nova no concello de Outes. Aínda que xa comezaron a traballar, a organización constituirase oficialmente o vindeiro día nove de setembro ante o consello nacional e un responsable comarcal. A pesar da súa curta idade, leva vinculado ao Bloque Nacionalista dende fai case un lustro. Estudante de Ciencias Políticas, cree na ideoloxía do seu partido e nas funcións persoais que pode desenrolar ao fronte deste proxecto que encabeza e que acaba de comezar a súa andaina.

-¿Como nace Galiza Nova en Outes?

-A asociación nace a partir dos resultados do Bloque Nacionalista Galego (BNG) nas eleccións do 22 de maio en Outes, que obtivemos tres escanos. Catro dos membros das listas menores de 30 anos xuntámonos e organizámonos para crear Galiza Nova, que vai orientada aos mozos do municipio. Tanto Xosé Ramón Riomao como Xosé Manuel Ramos involucráronse e axudáronos a sacar adiante esta iniciativa dende o primeiro momento.

-¿Cales son os requisitos necesarios para formar parte?

-Segundo a Lei de Asociación hai que ser maior de 14 anos para non requirir un permiso paterno. Polo que se aceptan persoas desde esa idade ata os 30. Ademais deben ter unha ideoloxía próxima ao nacionalismo de esquerda e un sentimento e conciencia da nación galega. É fundamental que identifiquen a Galicia como unha nación e que defendan a nosa terra por encima de todo.

-¿Cales son os obxectivos da institución?

-Chegar á xente e que nos coñezan é o obxectivo que nos propuxemos dende o comezo. En Outes o eido xuvenil está, como dicilo, moi anticuado e estancado. Galiza Nova é a única organización para mozos que existe no Concello, ningún dos outros grupos políticos dispoñen dunha. Nun medio rural de 7.500 habitantes, tendese a votar á persoa non a entidade política. A nos non nós preocupa o concepto de nacionalismo de esquerdas en si, o que queremos é crear cousas e darlle ritmo ao Concello. Que non pensen que as nosas asembleas non son unha seita.

-¿Que clase de actividades organizan?

-Entre outras cousas, facemos campionatos deportivos, concertos e festas populares coa finalidade de chegar á xente nova e transmitir os nosos ideais políticos. Queremos que Galiza Nova funcione como medio para coñecer ao BNG e a súa liña política.

-¿Que tipo de xente se achega á asociación?

-As persoas que se acercan o fan polo seu funcionamento. A xente do que ten ganas e de que fagamos cousas, abramos o abanico cultural e innovemos. Eu estiven ligado a organización de Noia e alí fanse actos cada mes. Nos dalgún xeito dámoslle acubillo aos que se achegan e mostran interese.

-¿Cales son as funcións de Galiza Nova?

-Somos unha organización que se preocupa polos problemas da xente nova. Temas como o paro xuvenil, unha programación adecuada ou a recuperación do noite bus en Outes, preocúpanos porque nos beneficiamos todos. Queremos que Galiza Nova sexa unha referencia para a xuventude. Somos a única base do partido político. A xente que milita, polo xeral, acaba estando vinculado ao BNG.

-¿Como se financian?

-Cobramos unha cota mensual aos nosos membros e das ganancias obtidas a través de concertos, campionatos ou outros actos organizados. Existe a posibilidade de que teñamos donativos ocasionais. O BNG axúdanos un pouco. Nos non dependemos deles nin teñen porque darnos nada. Funcionamos como estruturas diferentes.

-¿En que momento se involucra neste proxecto?

-Estudo Ciencias Políticas. Ademais milito na asemblea comarcal de Galiza Nova e chamáronme para que formase parte das listas do partido para as eleccións deste ano. Está formado por un bo equipo, con intereses e cuns principios. Reina un bo ambiente por iso encabecei o proxecto. Eu ademais teño interese pola política local.

manuel seijas caamaño Responsable de galiza nova en outes