Exposición e nova convocatoria

La Voz

PORTO DO SON

24 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Tal foi o interese que espertou o obradoiro de cestería, que o departamento de Cultura de Porto do Son está pensando xa en levar a cabo novas actividades relacionadas con este eido. Unha delas sería a exposición dos traballos que os alumnos consigan elaborar ao longo do curso e outra, o lanzamento dunha nova convocatoria, pois xa hai persoas que están en lista de espera. Tamén podería incluírse algunha actividade deste tipo na vindeira festa castrexa.