Investigación sobre a revolta irmandiña

Xerardo AgraFoxo

BARBANZA

27 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

HISTORIA

«TORRES, VARAS E DEMOS. OS IRMANDIÑOS DA RÍA DE MUROS E Noia»

Carlos Barros. Toxosoutos (Noia, 2009). 190 páxinas

Sobre o tema da revolta irmandiña nos concellos da ría de Muros e Noia xa publicara o profesor Carlos Barros (USC) A mentalidade xusticieira dos irmandiños (1988) e Viva El-Rei. Ensaios medievales (1996). Agora investiga aquela revolta na ría de Muros e Noia, prestando atención ao castelo de Outes, foco das iras do pobo.

A obra -iluminada cunhas ilustracións de Manuel Mariño- consta de nove apartados: En Torres e murallas estúdanse as defensas de Noia e Muros. En Xente belicosa explícase a conflitividade urbana existente. Noia e Muros contra Outes relata os danos que causaba García Martiz de Barbeira, amo da rocha forte de Outes. Na cuarta parte, Pola Santa Irmandade , coñecemos como a rebelión popular se dirixiu contra os señores, prelados y cabaleiros. En Varas, demos e mouros nárrase o levantamento contra as fortalezas. Na sexta parte, Os cobres de 1469 , indícase como os irmandiños aplicaron o sistema medieval dos cobrados e como se organizou a estratexia da rebelión. Despois da revolta é unha análise das súas consecuencias. O libro conclúe cun Apéndice Documental e a Bibliografía.

Sen dúbida, estamos ante unha obra imprescindible para coñecer a revolta irmandiña na comarca da ría de Muros e Noia.