O programa previsto para hoxe ofrece multitude de actividades, entre as que destacan a recreación, na dársena de Muros, dunha descarga tradicional de sardiña e tamén, xa pola noite, a actuación de Susana Seivane. A gaiteira presentará as composicións que forman parte do seu último traballo discográfico: Os soños que volve n. Trátase dun traballo producido polo selo da propia Seivane.
. Presentación do proxecto Dorna. 11.00 horas . Navegación na abra muradá. 12.30 horas . Recreación dunha descarga tradicional de sardiña na dársena 17.00 horas . Navegación: Proa a Monte Louro. Varada en San Francisco. 20.00 horas . Visita guiada ás embarcacións na dársena. Encontro blogueiro. Teatro de rúa: Unha de piratas . 22.30 horas . Un mar de cine, na casa da cultura. A noite das crebas . Consiste nunha diversidade de espectáculos no que se xuntan imaxes de Maribel Longueira e Manuel Sendón presentadas por Francisco Fernández Naval. Tamén poderá verse un tráiler e como se fixo a longametraxe Os Crebinsky , de Miguel de Lira e Quique Otero. A presentación corre a cargo da Fundación Crebinsky. 23.00 horas . Concerto que terá lugar no Curro da Praza e que contará coa presenza do Trío Vaamonde. Tamén actuará Susana Seivane.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios