pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

«Síntome plenamente satisfeito, pois canto proxectamos estase a cumprir, ás veces con creces»

manuel garcía sendón | Organizador

Autor:
J.?M.?S
Fecha de publicación:

Manuel García Sendón é directivo da Asociación Mar de Muros e, ao mesmo tempo, preside o comité organizador da novena edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais, que nestes días se celebra nesta localidade. -¿Que visión ten do desenvolvemento deste encontro dende a organización ?

-Síntome plenamente satisfeito, pois canto proxectamos estase a cumprir, ás veces aínda con creces. Iso débese ao grao de colaboración das xentes do noso pobo, pero tamén ao gancho que supuxo a elección deste porto para a celebración do encontro para os patróns das embarcacións que aquí arribaron estes días. -Hoxe clausuráronse as xornadas técnicas programadas. ¿Que aportacións se fixeron nas mesmas para esta comarca? -O tema dos ecosistemas resulta novo, e ás veces estraño para moita xente. O certo é que temos que chegar a concibir a paisaxe, a xente e o medio natural coma un amplo campo de posibilidades de desenvolvemento socioeconómico. A comarca muradá dispón de moitas posibilidades e temos que chegar a concibilas coma tales e logo explotalas. -¿Como respondeu o pobo á chamada de participación e colaboración neste encontro? -O máis chamativo destes días en Muros son as 150 embarcacións que están atracadas aos nosos peiraos, pero xunto a iso, dá gusto dar un paseo pola rúa Real e as prazas próximas e ver a cantidade de elementos do pasado que os veciños, moitas veces de forma anónima, aportaron e que, ademais de amosar a nosa cultura popular, proporcionan un toque estético á festa. Xunto a iso, vese que a xente está feliz coa celebración, como se amosa na súa vestimenta. -¿Que lles pediría aos participantes nestas xornadas e ao público que asiste a elas durante estes días? -Ante todo, que o pasen ben. Que gocen de canto demos achegado á nosa vila. Que participen en todos os actos que se ofertan e tamén, dentro do posible, colaboren na resolución dos pequenos problemas ou incomodidades que, sen dúbida, está a producir a concentración na vila dun acontecemento coma este. -¿Como funcionan os servizos que se ofrecen dende a organización? -De momento, todo se está desenvolvendo tal e como estaba previsto, aínda que tivemos un pequeno problema coa carpa de avituallamento, pois estaba previsto que nela só comesen os tripulantes das embarcacións participantes, pero un malentendido na venda dos vales provocou que acudise máis xente da esperada, pero xa está resolto.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Síntome plenamente satisfeito, pois canto proxectamos estase a cumprir, ás veces con creces»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Síntome plenamente satisfeito, pois canto proxectamos estase a cumprir, ás veces con creces»
García agradece a implicación dos muradáns na celebración
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.