pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Os veciños de Muros participan de forma activa no encontro de barcos tradicionais

Nas rúas do casco histórico estiveron expostos tendais de secado de congro e sardiña a xornada de hoxe

Autor:
J.?M. Sande
Fecha de publicación:

O pobo de Muros fixo seu o encontro de barcos tradicionais e está a participar en cantas actividades se propoñen dende a organización. Tamén os propios veciños engalanan rúas, prazas e mesmo balconadas e fachadas das casas con motivos mariñeiros, todo o cal contribúe a engrandecer a celebración deste ano.

Nenos e maiores participan nos actos deseñados para cada colectivo e, así, durante toda a xornada de onte había ringleiras de persoas esperando para asistir aos obradoiros de cerámica, cestería, sancosmeiros, atado de redes ou confección de elementos mariños. Tamén a participación en actividades lúdicas e o embarque nos faluchos estivo moi concorrida.

Nas rúas do pobo expuxéronse tendais de secado de congro e afumado de sardiña. Eran veciños os que explicaban as condicións e características do procesado destes peixes no pasado. Xunto ás chalanas expostas nas rúas tamén se vían carros cargados de argazos, e outros apeiros de labranza, cos que se daba a entender a simbiose da pesca e a agricultura na zona.

Ambiente festivo

A media mañá, na praza do Cristo, ofertábase aos interesados masa de millo para empanada, follados ou boroa, e mesmo se explicaba a maneira de facer máis apetecible cada unha destas viandas. Toda esta actividade estaba rodeada dun ambiente festivo, rachándose, de cando en vez, a tranquilidade dunha mañá estival co son de pandeiretas ou o canto espontáneo de algún veciño.

Na dársena, moitos dos veleiros acorados aos peiraos facíanse ao mar, en algúns casos para probar os elementos de navegación, e noutros invitando aos interesados a dar unha volta en barco pola ría. A tripulación do Joaquín Vieta ultimaba os preparativos para cumprir un dos compromisos contraídos, como era o de achegarse ás costas do lugar de Taramancos para facer unha ofrenda floral á figura de Avilés. Este acto non puido realizarse por unha avaría na máquina o xoves.

Os patróns dos barcos máis pequenos lamentaban a calma do vento, que dificultaba a regata prevista para achegarse ata a illa da Creba. Con todo, moitas das naves saíron decididas a, cando menos, dar una volta pola enseada do porto, á espera de mellores condicións para a navegación.

Mentres, na casa de cultura, os relatores das xornadas técnicas daban conta dos seus postulados sobre os ecomuseos e as propostas de desenrolo sostible, presentando tamén proxectos de dinamización e posta en valor dos elementos culturais e marítimos da comarca muradá.

Todas as exposicións, casetas, mostras e obradoiros que acompañan a este encontro foron moi visitadas, aínda que a maioría da xente tentaba compatibilizar a participación nestes actos co goce dun dos primeiros días de praia. Por iso, a presenza de visitantes foi moito máis intensa a primeiras horas da mañá e tamén despois de ir caendo o sol.

 

ENVIAR NOTICIA  

Os veciños de Muros participan de forma activa no encontro de barcos tradicionais

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Os veciños de Muros participan de forma activa no encontro de barcos tradicionais
A vila engalanouse e na praza que hai fronte ao mercado pódense ver útiles de pesca
Autor de la imagen: | FOTOS: SANDE

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.