pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Regreso ao pasado mariñeiro

Muros dará cabida en xullo a un encontro no que participarán 150 embarcacións tradicionais

Autor:
J. M. Sande
Fecha de publicación:

Máis de 150 barcos antigos daranse cita na vila de Muros entre os días 9 e 12 do vindeiro mes de xullo, para participar no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais. O presidente da comisión organizadora desta actividade, Manuel García Sendón, xunto co resto de membros do grupo creado ao efecto, están a concretar o extenso programa de actividades que se desenvolverán na localidade coincidindo coa presenza da máis ampla representación de navíos que se ten visto ata o de agora na zona.

Na loxística xa perfilada para acoller a tan amplo grupo de embarcacións figura a instalación dun campo de fondeo, nas inmediacións do peirao, lugar no que atracarán os barcos. Os seus tripulantes disporán dunha carpa de 1.200 metros cadrados, dedicada a tarefas tales como a manutención, e na que se instalará á vez unha taberna mariñeira e un espazo para a celebración de xuntanzas. O aloxamento será no polideportivo, mentres que no parque empresarial estacionaranse os coches e os remolques.

Accións complementarias

Entre as exposicións e obradoiros que se levarán a cabo destacan os de redeiras, encascado, afumado de sardiña, secado de polbo, gastronomía, cestería, sancosmeiros e palilleiras, así coma un taller en vivo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira. Todos eles instalaranse nas explanadas portuarias da vila. Tamén haberá outras exposicións en varias salas e prazas.

No tocante ás xornadas técnicas, sobresae o congreso internacional sobre os ecomuseos, no que participarán relatores de Francia, Cataluña, Portugal, Inglaterra e Croacia, así como do Museo do Mar de Galicia, da Asociación de Carpinteiros de Ribeira e das confrarías da bisbarra.

A parte lúdica e festiva correrá a cargo de varias agrupacións folclóricas de Muros, da charanga Os Tabernícolas e de varias bandas de rock. Tamén intervirán as corais da zona interpretando pezas mariñeiras, e actuarán artistas de renome na música tradicional, coma Susana Seivane, Trío Vaamonde, Treixadura ou Quempallou.

De xeito paralelo, desenvolveranse tres representacións na rúa, un ciclo de cine galego e un espectáculo musical e literario con Eva Veiga e o trío Ouriol. A maiores, doce escritores e outros tantos artistas plásticos elaborarán mensaxes, que logo botarán ao mar.

A comisión organizadora deste encontro fará varias reunións este mes, co ánimo de involucrar na experiencia a toda a sociedade.

 

ENVIAR NOTICIA  

Regreso ao pasado mariñeiro

Muros dará cabida en xullo a un encontro no que participarán 150 embarcacións tradicionais

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Regreso ao pasado mariñeiro
García Sendón (no centro da imaxe) avanzou, na feira celebrada en Vigo, o programa de actos
Autor de la imagen: | SANDE
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.barbanza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.