14 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
O persoal do Centro Arqueolóxico do Barbanza está a preparar as Xeiras, unha viaxe na que medio cento de persoas terán a posibilidade de percorrer os vestixios máis importantes de Cantabria e Xixón. A excursión terá lugar o 18 e o 19 de xullo.
Na primeira das xornadas, os participantes percorrerán o museo de Altamira e a neocova, tendo incluso a posibilidade de asistir a obradoiros de caza e de lume.
Pola tarde estarán nas covas de El Castillo, en Puenteviesgo. Ao día seguinte, os excursionistas visitarán as termas de Xixón e a vila romana de Veranes.