Neixón ábrese ao mundo

Luisa Gutiérrez

BARBANZA

O Centro Arqueolóxico do Barbanza acolle, no marco da Semana da Ciencia, unha colección sobre Uruguai

21 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Os que se acheguen este mes ata o centro de interpretación de Neixón, en Boiro, poderán gozar dunha exposición de auténtico luxo. Baixo o epígrafe El paisaje arqueológico de las tierras bajas de Uruguay ofrécese unha colección que ten como obxectivo «aprovechar la experiencia de un grupo de trabajo del laboratorio de Paleoambiente y Patrimonio de la USC en Uruguay para ilustrar como la arqueología es una herramienta apropiada para fomentar el desarrollo cultural y social de una comunidad local», así explicouno un dos responsables deste proxecto, David Barreiro.

Esta exposición pertence ao programa de actividades de divulgación e difusión da cultura científica que leva a cabo o Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe (LAP) dentro do proxecto Diverciencia, financiado pola Consellería de Innovación e Industria.

O proxecto ten como referente a arqueoloxía. «Tenemos como horizonte principal apostar por el desarrollo local a través de la cultura focalizando el trabajo en un sector estratégico de esta como es el patrimonio antiguo», indicou Barreiro.

Estreita relación

Este especialista explicou a relación entre o traballo que se fai en Uruguai e o que se leva a cabo no Centro Arqueolóxico do Barbanza. «El proyecto se está llevando a cabo de forma similar al que realizan en los castros de Neixón, en los que además nuestro grupo de investigación viene trabajando desde hace ya unos años en sucesivas campañas de excavación organizadas en torno a los campos de trabajo», afirmou.

Escolares

Unha das apostas máis fortes desta entidade é que os escolares visiten a colección para que coñezan de primeira man casos similares ao estudo que se realiza neste centro arqueolóxico. «Con esta exposición, que se enmarca dentro de las actividades programadas por la Xunta para conmemorar la Semana da Ciencia queremos contribuir a la concienciación de la sociedad para el conocimiento y protección del patrimonio antiguo de cada zona», engadiu Barreiro.

A mostra está formada por un conxunto de carteis e paneis que dan un repaso aos traballos que e o grupo de investigación está realizando no país suramericano, pero ademais invitan á participación dos visitantes.

O arqueólogo da USC tamén destacou a importancia desta iniciativa tanto para Uruguai como para o aproveitamento que se pode sacar da exposición no centro boirense, e en xeral, para toda a sociedade. «Para mostrar el trabajo realizado en Uruguay se aplican herramientas orientadas a fortalecer la gestión del patrimonio local; además, las actividades realizadas en el marco de este proyecto parten de un enfoque que pretende solventar los problemas de la arqueología y el patrimonio».

Afluencia

A pesar de que a exposición leva poucas semanas en Neixón xa cultivou un grande éxito entre visitantes e veciños da bisbarra. Os que aínda non se achegaron teñen ata o primeiro día de decembro para facelo. A directora do centro arqueolóxico de Neixón, Pitusa Lomba, afirmou que a afluencia de público é grande. «A xente debe aproveitar a oportunidade porque é unha exposición moi instrutiva e interesante», sinalou.