Arousa Norte pon en valor entre os mozos os recursos turísticos que ten a comarca

BARBANZA

Tendo en conta que o mellor promotor dun destino turístico é a poboación local, Arousa Norte está realizando unhas xornadas de sensibilización turística e deportiva dirixidas a os estudantes de cuarto de ESO da comarca. O propósito é poñer en valor os recursos que hai neste campo e que a poboación teña un coñecemento real da súa importancia.

Para lograr a súa meta, a mancomunidade desenrolou un programa que inclúe experiencias teóricas e prácticas, de xeito que se consiga unha motivación xeral relacionada coas potencialidades da comarca. Ao mesmo tempo, e dado que parte do turismo está relacionado co deporte, xa que a oferta neste ámbito é un dos criterios de sustentabilidade que se pretende seguir en Arousa Norte, este adquire unha importancia capital neste plan de actuación. Deste xeito, ambos elementos estarán unidos e máis presentes na vida social da poboación barbancesa, ou esa é a intención coa que traballa a entidade supramunicipal.

Coa iniciativa que acaba de iniciar a mancomunidade danse a coñecer os recursos materiais e inmateriais da zona, aportando as ferramentas necesarias para a posta en valor desta riqueza. De igual xeito, sensibilízase á poboación sobre a importancia do turismo, principalmente relacionado coas prácticas deportivas.

Resultados

Os responsables de Arousa Norte opinan que os resultados da súa estratexia poderán verse a curso prazo, posto que os técnicos consideran que cando unha persoa coñece os recursos do seu territorio, a motivación é meirande á hora de interactuar co grupo social ao que pertence, coas súas consecuentes accións: pon en valor os recursos, dá a coñecer os mesmos no seu entorno máis inmediato e fomenta accións de conservación e preservación do medio. A mancomunidade opina que esta é a base dun turismo sostible e o elemento clave para facer a promoción dos diferentes destinos.

A actividade divídese en tres partes: charlas nos institutos, rutas guiadas e a denominada Open de Aventura. De acudir aos centros educativos encárganse dúas integrantes do equipo da mancomunidade. Os temas que abordan están relacionados coa importancia do turismo e do deporte na comarca, tocando diversos aspectos e tratando de transmitir valores. As sesións fanse en horario lectivo e duran cincuenta minutos.

Rutas

Por lo que respecta ás rutas guiadas, divídense en dúas partes. A primeira consiste nun paseo polo casco antigo de cada municipio, cunha explicación da historia, tradición, arquitectura, artes de pesca e marisqueo, cultura. Ao mesmo tempo, tamén se fala dos temas de actualidade que afectan á comarca.

A outra sección implica percorrer parte de cada ruta de sendeirismo homologada en cada concello, unha en cada municipio. Durante a camiñada explícanse técnicas de orientación e, ao mesmo tempo, danse a coñecer os xacementos arqueolóxicos existentes.

En canto ao Open de Aventura, é unha competición de carácter recreativo na que se celebrarán varias probas lúdicas e deportivas no medio natural. Trátase de dar importancia á educación física, con explicacións técnicas relacionadas co deporte ao aire libre.

Os responsables de Arousa Norte afirman estar convencidos de que estas xornadas de sensibilización turística e deportiva servirán como ferramenta para a protección, conservación e mellora do patrimonio natural, cultural e etnográfico da comarca.

A práctica deportiva é considerada polos representantes da mancomunidade como un alicerce importante na vida social, así como unha fonte de compromisos e crecemento persoal «que constitúa un soporte educativo fundamental». A entidade dá unha importancia capital a este proxecto e alude a implicación de todos os colectivos para que poida materializarse de xeito adecuado.

Un dos aspectos que Arousa Norte considera máis importantes é que a propia poboación sexa consciente das potencialidades que ten a zona na que reside. Opina que deste xeito resulta moito máis doado o desenrolo de actuacións que vaian encamiñadas a divulgar entre potenciais visitantes eses valores para dar a coñecer a comarca en todas partes.