Iria Lago presentou ao artista no seu primeiro acto como directora de Toxosoutos

La Voz

BARBANZA

O acto celebrado no Ateneo Valle-Inclán de Santa Uxía serviu tamén para que a nova directora literaria da editorial Toxosoutos fixese a súa primeira aparición pública. Iria Lago, unha das fundadoras e presidenta do colectivo Sacou, tomou a rendas da entidade cultural en substitución de Xosé Agrelo Hermo. A intelectual desfíxose en afagos e encomios para o escritor noiés: «Quero establecer un berce de amor hoxe para Maxi por ser persoa e, sobre todo, amigo», afirmou.

Ademais, esta moza creadora eloxiou e recomendou a novela de Olariaga a todos os asistentes que acudiron ao acto na asociación cultural ribeirense. Iria Lago destacou, sobre todo, «a súa labor editorial, o cariño nas descricións críticas dos textos e a súa propia produción en galego».

A directora de Toxosoutos agradeceu que o seu primeiro acto en representación da editorial fose ao lado dun gran creador como é «este escritor noiés».