Terceira vitoria e terceira praza para o Arousana

VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

18 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Atlético Arousana semella terse readaptado á categoría de prata do fútbol feminino estatal con rapidez. O pasado domingo, na Lomba, o cadro vilagarcián encadeou o seu terceiro triunfo en catro xornadas de Liga, acadando os 9 puntos que o sitúan neste momento na terceira praza da clasificación.

A última vítima do Atlético Arousana foi o modesto Llanera. Agás o primeiro cuarto de hora, no que as asturianas amosaron saír máis espertas, o resto do encontro foi un monólogo local. Nati, no derradeiro minuto da primeira parte, marcou o 1-0 nunha indecisión da zaga rival. O choque quedaba visto para sentenza no minuto 64, cun gol en propia meta de Alba.

Goles: 1-0, min 45: Nati. 2-0, min 64: Alba, en propia meta.

Árbitro: José Antonio García Parada, do colexio galego. Amonestou a xogadora local Sheila Márquez.

Beli, Raquel, Lu, Paula, Sheila Márquez, Caro, María Arufe, Anita, Lucía (Inés, min 84), Míriam Señoráns (Sheila Antepazo, min 75) e Nati

Cubi, Lena (Paola, min 67), Alba, Tania, Susana, María, Rocío, Sofía, Aida, Marlene (Cintia, min 60) e Peque