A contractura dos sindicatos

AROUSA

07 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Opapel clásico dos sindicatos está a sufrir como nunca. E non só polas súas respostas desconcertadas e en tantas ocasións superadas pola crúa realidade perante o meirande problema social das últimas décadas, o desemprego galopante, Senón tamén polas contraditorias funcións que dende hai tempo asumen este tipo de organizacións. Nacidas para defender os dereitos dos traballadores, poden chegar a comportarse como a máis crúa patronal cando o que toca é bregar cos seus propios empregados. Iso sen pensar nas dificultades que as centrais atoparán se comezan a despedir a mesma xente á que lle esixiron dar caña fina en toda canta empresa quedaba por diante. A ver quen é o guapo que ficha como cadro sindical e logo vai pedir traballo.