Os traballos de pavimentación curtan Pedraserrada

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

Os traballos de pavimentación que se comezan a realizar a partir de hoxe na transitada rúa de Pedraserrada, na Illa, farán que esta quede cortada ao tráfico rodado desde hoxe mesmo até o venres 10 de setembro.

A partir deste día, o tráfico rodado transitará por Pedraserrada con normalidade, aproveitando as vantaxes que lle ofrecerá esta remodelación no pavimento que os veciños consideran necesaria nunha rúa pola que transitan moitos automóbiles e persoas que se dirixen cara o centro da Illa.