Un campión de España de remo nos anos setenta que pasa o tempo de lecer no oásis náutico de Bouzas
AROUSA
24 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
Víctor Fernández é mestre de profesión e mariño de vocación. Cando estudiaba en Santiago «saltaba algunhas clases os venres para ir navegar toda a fin de semana». A denominada «chamada da salitre» ocupáballe o tempo de lecer. Cando era novo foi campión de España de remo en banco móbil, membro da selección nacional, alá polos anos setenta, e sempre quixo estar pegado ao mar. O certo é que «sería imposible saber cantas millas náuticas levo a bordo», pero promete que seguirá incrementando o rexistro. Agora, está inmerso noutras actividades. No peirao de Bouzas, en Vigo, atopou un oásis. É o único sitio de Galicia onde se poden atopar auténticas xoias da navegación histórica e tradicional. Os mércores á tarde hai paseos. Só hai que anotarse...