A tiradora cambadesa do Compostela Esgrima, Araceli Bugallo, proclamouse o pasado sábado en Ferrol campioa galega de espada. E fíxoo ademais cunha notable suficiencia, cunha soa derrota ao longo da cita autonómica.
A derrota en cuestión producíuse nas rondas previas que se fan para acceder ao cadro final, xa con eliminatorias directas nas que un pinchazo pon punto e final á participación no campionato. Nos cuartos de final Araceli Bugallo superou con suma facilidade a luguesa Lucía Seijas, para vingarse acto seguido na súa semifinal da única rival que a superara ata entón, Rosa Cano, por 15-7.
Este mesmo foi o marcador co que a cambadesa venceu no duelo polo título a Olalla Nieto, do Olivo de Vigo. Araceli puxo así punto e final á tempada, ao renunciar a acudir ao Campionato de España desta fin de semana por organizar o primeiro torneo de esgrima de Vilagarcía, onde dirixe a escola municipal da especialidade.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios