«Entrevisteime con todos os directores xerais de Deportes»

La Voz

AROUSA

Nas Torres agradecéronlle onte a Bea que fose o primeiro presidente da Fegapi en visitar a súa sede. O que pretende facer o mandatario grovense pode ser o derradeiro cartucho do club catoirense, canso de facer xestións con sucesivas promesas incumpridas por parte das diferentes administracións da Xunta. Así, Castaño lembra que «eu me entrevistei con todos os directores e secretarios xerais de Deportes desde que son presidente das Torres». De Lete, lembra, recibira o compromiso da reforma das instalacións pouco antes de que o PP perdera as autonómicas do 2005. E o mesmo pasou co BNG o ano pasado. Iso si, xa cun proxecto de arredor dun millón de euros con cifras e letras desbotado tras o regreso de Lete a Deportes.