Primer triunfo en dous meses do Xuventude no pavillón do Pombal

La Voz

AROUSA

O Establecimientos Otero Xuventude devolveulle onte o sorriso á súa afección, que puido disfrutar do primeiro triunfo do cadro cambadés no pavillón do Pombal desde o 16 de xaneiro.

Os homes de Diego Doval asentaron a súa vitoria sobre o Universidad de Burgos nunha primeira parte moi seria. Acertado na selección do tiro -seis triplas anotadas en dez intentos- e dominando o rebote -16 capturas polas 13 do rival-, o Xuven marcou o ritmo do partido nos dous primeiros cuartos, atopando na recolocación do grego Sinnis como aleiro alto un arma desestabilizadora no ataque.

A relaxación local permitíulle ao Burgos rebaixar a 8 os 14 puntos de vantaxe cos que os cambadeses chegaran ao descanso. Centrado de novo, o Xuven non pasou apuros no derradeiro cuarto. Míguez salientou a nivel individual.