pub
LVDG_PUBLICIDAD:megabanner:edi.arousa
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.arousa
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Cándido Pazó mestura traxedia e humor no espectáculo que presenta o venres en Vilagarcía

«Historias tricolores» é o título desta nova proposta do ciclo de monologuistas

Autor:
M. S.
Fecha de publicación:

Primeiro foi Carlos Blanco, a semana pasada foi Miguel Lago e esta semana chegará ao auditorio a terceira proposta do ciclo de monólogos que preparou a concellería de Cultura de Vilagarcía. Nesta ocasión será outro dos grandes, Cándido Pazó, quen se enfronte en solitario ao patio de butacas do auditorio vilagarcián.

O dramaturgo, actor e director presentará o seu monólogo Historias tricolores. Ou de cómo aqueles animaliños proclamaron a república . Onte, Pazó achegouse ao auditorio para presentar esta proposta escénica, que definiu do seguinte xeito: «Aí abaixo hai un monumento -referíndose á escultura Rosas Rotas , de Manolo Chazo- no que vin que hai unha lista inmensa de nomes que entendo que son os represaliados de Vilagarcía. O meu espectáculo vai diso, de lembrar a xente moi normal que viviu aqueles tempos atribulados». A temática xorde de dous vellos que lle contaron a súa historia hai anos «e aos que eu agora lles conto unha historia».

Un tema, polo tanto, tráxico, tratado con sensibilidade pero tamén con humor. «É un pouco o meu estilo de traballar, porque creo que a vida é un pouco iso. Estamos a rir e estamos a chorar», explica Pazó. O autor cre nesta fórmula porque «habendo humanidade sempre vai haber humor». No fondo, engade, é «coma os nenos cando se lles fai comer verdura pero dun xeito divertido». Así é como trata os temas serios, dándolles un toque de humor para que non se lle indixesten ao espectador.

Pazó cre que o seu monólogo, sen ser mellor ou peor có resto, vaille dar variedade ao ciclo que programa o auditorio. «Nin mellor nin peor, pero distinto» é a proposta deste autor.

Un espectáculo, ademais, que quere situarse a metade de camiño entre o monólogo tradicional, unha «narración escénica para teatro», e a nova concepción deste xénero, como un relato cómico.

A actuación será, polo tanto, o venres ás nove da noite. O prezo das entradas é de catro euros na zona A, tres euros na zona B e dous euros na zona C. «Un espectáculo plantexado para que o público teña a máxima facilidade para entrar», comentaba onte o concelleiro de cultura Xosé Castro Ratón.

Así que quen queira acabar a semana cun sorriso ten unha cita con Cándido Pazó, que promete poñer todo o seu talento sobre o escenario «para que a xente o pase ben».

 

ENVIAR NOTICIA  

Cándido Pazó mestura traxedia e humor no espectáculo que presenta o venres en Vilagarcía

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cándido Pazó mestura traxedia e humor no espectáculo que presenta o venres en Vilagarcía
Cándido Pazó presentou onte o espectáculo do venres acompañado polo concelleiro Castro Ratón
Autor de la imagen: | MARTNA MISER
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.arousa
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.arousa
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.arousa
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.