Sete xogadores dos Ingleses, no Nacional por Autonomías

La Voz

AROUSA

A selección galega de rugbi compite esta fin de semana en Valladolid na fase final do Campionato de España por Comunidades Autónomas. Unha cita na que o combinado galaico participa con sete xogadores dos Ingleses nas súas filas: Jacinto Campos Cachopo , Juan Miguel Doval Chamy , Gonzalo Fernández Gamba , Adrián Fernández, Daniel Prieto Biris , David Riveiro Albariño e Jairo Torres. Galicia inicia o torneo contra a selección valenciana, completando o seu grupo os equipos de Andalucía e de Baleares. No outro grupo mídense País Vasco, Cataluña, Madrid e Castela e León.

Polémica co Concello

Noutra orde de cousas, o presidente dos Ingleses, Adolfo Brea, quixo zanxar onte a polémica entre o club e a Fundación Municipal de Deportes. O directivo recoñeceu que «por escrito no pedimos un juego de palos, sí un sistema de anclaje, a través de un parte de incidencias cuando se nos cayeron los palos por primera vez, en diciembre. Y por lo que me dijeron el jueves, lo van a comprar».