pub
LVDG_PUBLICIDAD:megabanner:edi.arousa
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.arousa
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

CRÓNICA ¿Ti que falas? Eu falo rock

Vilagarcía prepara para o próximo sábado, día 20, un concerto para os máis novos e unha feira alternativa

Autor:
María Santalla
Fecha de publicación:

Falo rock, escoito rock é o novo nome que Vilagarcía pensou para o festival que o ano pasado, na súa primeira edición, se chamou Entroirock. Con esta nova denominación, o Concello pretende «facer unha chamada á identificación do ámbito xuvenil co idioma galego», explicou onte o concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón.

O edil, acompañado polas concelleiras de Promoción Económica e Turismo e de Xuventude, Rosa Abuín e Ana Lorenzo, presentou este acto, organizado polos tres departamentos municipais.

Ademais do cambio de nome, o festival amplía este ano o seu formato e mesturará música, mercado e zona de xogos. Neste sentido, haberá no recinto unha zona de exhibición de Guitar Hero e unha feira alternativa que abrirá ao público a partir das seis da tarde. Os concertos dos catro grupos participantes darán comezo ás dez da noite. A entrada para todo iso é de balde.

Riff Raff, «os fillos bastardos de AC/DC», son unha das propostas desta noite de sábado coa que Vilagarcía quere despedir o entroido. O grupo formouse a principio do ano 96 coa intención de facer un concerto de homenaxe a AC/DC. En principio esa sería a súa única actuación conxunta, pero seguiron, e ata hoxe.

A Sacho é outra das formacións que participarán neste festival, cunha proposta próxima ao rock de batea.

A aposta vilagarciá virá dada polo grupo Renegados del funk. Trátase dunha banda formada no movemento punk de pacotilla da Vilagarcía deste principio de século.

To Nowhere é o último dos catro grupos que animarán este festival, tamén cunha longa traxectoria de preto de quince anos.

Pola súa banda, o mercadiño alternativo está concibido coma unha zona para que diferentes colectivos poidan dar a coñecer e tamén vender os seus traballos. Mesturado con el haberá unha zona reservada para a última novidade musical dentro dos videoxogos, o Guitar Hero.

Esta iniciativa coincide e completa o Sábado inglés. Con estas dúas propostas o Concello de Vilagarcía intenta reforzar as ofertas do seu entroido.

A concelleira de Promoción Económica, Rosa Abuín, mostrou onte o seu desexo de que este festival sirva para enriquecer a programación festiva destes días e, sobre todo, para «difundir o nome de Vilagarcía», non só na comarca, senón incluso máis aló.

Mentras, Ana Lorenzo fixo fincapé no interese do Concello por organizar propostas para achegarse a toda a cidadanía. «Intentamos que este tipo de eventos comecen a media tarde para que todo o público se poida achegar», apuntou.

No acto de presentación deste concerto tamén estiveron presentes os representantes de Mulas Producións e do grupo A Sacho.

 

ENVIAR NOTICIA  

CRÓNICA ¿Ti que falas? Eu falo rock

Vilagarcía prepara para o próximo sábado, día 20, un concerto para os máis novos e unha feira alternativa

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
¿Ti que falas? Eu falo rock
O festival presentouse onte no auditorio vilagarcián
Autor de la imagen: | MARTINA MISER
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.arousa
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.arousa
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.arousa
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.