Sete equipos da zona ocupan postos de ascenso ao termo do primeiro acto das ligas de veteráns
PONTEVEDRA CIUDAD
A primeira xornada do 2010 puxo fin o pasado sábado á primeira volta das Ligas de Fútbol Veterán de Pontevedra. Un campionato que chega ao seu ecuador con máis motivos para a felicitación que para o lamento entre a ampla representación de equipos do Salnés e do Baixo Ulla.
Tres deles lideran a metade das categorías do torneo regular, no que outros catro conxuntos máis da zona figuran tamén en postos de ascenso a día de hoxe. No polo oposto, só tres representantes arousáns estarían descendidos se rematase agora a competición de veteráns.
A decimosétima xornada das Ligas deixou o Mecos no terceiro posto do Grupo 1 ou División de Honra, logo de superar o cadro grovense o modesto Portas por 2 goles a 5. Pola súa banda, o Cambados cedeu o cuarto posto ao Poio Sousa, ao non dar pasado do empate a 4 no campo do Compadre.
Na parte baixa da clasificación, o pechacancelas, o San Pedro, asinou a súa segunda vitoria da tempada a costa do Amanecer, 1-2, mentres que o Castrelo non pasaba do empate a 2 en Cambados fronte ao Vilagarcía.
No Grupo 2, o sábado deparou unha gran colleita para os conxuntos da zona, encabezados por un Arousa que continúa firme cara o título ligueiro cun triunfo sobre o frouxo Lácteos Prieto: 4-1. Outros marcadores en positivo foron: Bora Disar 1-2 Sisán Deportes Piñeiro; Soho Coffee 5-1 Lérez Pescamar; Boa Vila 6-6 CM Herbello; Caleiro 3-0 A Rula; e Sporting de Marín 2-2 Vilalonga. O Albariño perdeu 3-4 co Ambulancias Pontevedra, e o Dena 2-4 co segundo clasificado, o Centro Penitenciario A Lama.
O Xocas Café Bar non cede á fronte do Grupo 3, e a pasada fin de semana dobregaba o Burgo por 0-2, co Meaño na mesma liña ao vencer 0-4 o La Verga. O Catoira, pola contra, segue en caída, recibindo un contundente 6-2 a mans do Atlético Seixo.
No Grupo 5 tres dos catro postos de ascenso están copados por conxuntos do Salnés e do Baixo Ulla, todos eles con resultados satisfactorios na derradeira xornada da primeira volta: Fortuna San Martín 7-2 Mecarcón; Joyería Riveiro 4-1 Pescados Nieves; e Bar Gento Abalo 4-1 SCD Mourente. No polo oposto, o Fátima ADV segue camiño do descenso, caendo 4-5 co VT Monteporreiro e quedando xa a 16 puntos dos postos de permanencia.
O Salud Veteranos deu un paso atrás na súa carreira polo ascenso desde o Grupo 6 ao caer 2-1 co Bar Carocha, terceiro. E o Armenteira continúa de pechacancelas, logo de perder 0-3 co Bar Da Costa.