O AF7 acode a Valladolid á homenaxe ao colexiado Julián Rodríguez

La Voz

AROUSA

Unha delegación dos responsables do Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7 desprazaráse mañá a Valladolid ao acto de homenaxe que a federación autonómica de fútbol de Castela e León lle tributará ao árbitro recén retirado Julián Rodríguez Santiago.

A presenza da delegación vilagarciá en Valladolid obedece ao apoio prestado no seu momento por Julián Rodríguez ao campionato internacional arousán, que agora se quere agradecer coa participación na homenaxe de mañá.

Rodríguez Santiago deixa atrás dez anos de carreira na Primeira División do fútbol español, na que arbitrou 172 partidos.