Ero Pons compite en Francia nunha regata internacional da clase Finn convocado pola Federación Española de Vela

La Voz

AROUSA

O regatista vilagarcián do Liceo Casino Ero Pons ten desde esta semana unha motivación máis para seguir traballando na súa adaptación á clase Finn. A Real Federación Española de Vela vén de convocar o deportista arousán para competir coa grímpola hispana na cuadraxésima edición da regata internacional Gd Prix del Armistice, que desde hoxe e ata o martes se disputa en aguas francesas.

Pons, quinto do ránking nacional da clase olímpica, desprazouse onte xunto con Álex Muscat, segundo, a terras francesas, onde representarán a España nunha proba na que compiten 62 regatistas procedentes, entre outros países, de Hungría, Bélxica, Portugal e Francia.

Ao Gd Prix del Armistice o liceísta chega tras unha semana de adestramentos no Centro de Alto Rendemento de Vela de Santander, sede do equipo preolímpico español da clase Finn, no que só figuran os tres mellores a nivel nacional. Unha presenza no que sen dúbida tivo moito que ver o sorprendente subcampionato colleitado por Ero Pons no recente Nacional da Clase Finn, disputado en Murcia, e ao que o arousán chegaba con tan só medio ano de experiencia na especialidade.

Na antesala da regata, Pons afrontaba a cita gala con optimismo, partindo dunhas previsións de ventos fortes que de saída deberan favorecer os seus intereses.