O equipo infantil do Ximnasia Rítmica Otero Gamma Arousa gaña en Ourense o campionato galego

La Voz

OURENSE CIUDAD

29 oct 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Club de Ximnasia Rítmica Otero Gamma Arousa da Illa comezou con bo pé o derradeiro trimestre da tempada 2009. O seu equipo infantil acadou a pasada fin de semana o título autonómico da categoría no Campionato Galego de Base celebrado en Ourense.

Integrado por Cintia Dios, Mariña Dios, Noelia Feijoo, Lara Otero e Paula Val, o conxunto arousán impúxose con pelota e con corda, facéndose acreedor dunha das praza de Galicia no vindeiro Campionato de España, previsto para o 19, 20 e 21 de novembro en Córdoba.

Ademais de co infantil, o Otero Gamma Arousa competíu en Ourense co seu conxunto júnior federado. No seu caso, na primeira das dúas probas clasificatorias para o Nacional da categoría. A falta da segunda, en novembro en Vigo, Andrea Nieto, Andrea Chaves, Rosa García, Lisa Mougán e Cristina Vázquez figuran cuartas na clasificación provisional, con tres pasaportes en xogo para o Campionato de España.

Aberta a escola do club

Noutra orde de cousas, o club illense vén de anunciar a apertura da súa escola, cuxa tempada coincide aproximadamente coa duración do curso escolar. Os responsables do Ximnasia Rítmica Otero Gamma confían en contar cunha cantidade de alumnos semellante á do ano pasado, uns 20, na súa maioría procedentes de concellos veciños á Illa xa que a sociedade deportiva xa lles imparte aparte clases extraescolares aos estudantes locais de Primeiro a Sexto de Primaria.

A escola do club de ximnasia abre as súas portas os xoves, de 4 a 5 e media da tarde e de 5 e media a 7 en grupos de 5 a 10 anos e de 11 en adiante. Para inscribirse, chamar ao secretario do Otero Gamma Arousa, Javier Fernández, ao teléfono 672 033 458.