Medio cento de ex xogadores do Rasoeiro xogan hoxe no Monte da Vila co gallo dos 30 anos do club

La Voz

AROUSA

29 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A celebración dos 30 primeiros anos de vida do Club Balonmán Rasoeiro deu pé a unha entrañable xuntanza no pavillón do Monte da Vila. Na tarde de hoxe, arredor de medio cento de ex xogadores da entidade reencontraránse no feudo do Rasu para recordar vellos tempos sobre a pista.

A partir das seis e media da tarde, a xeración dos anos 70-80 disputará o primeiro dos dous amigables previstos. Acto seguido, entre as sete e media e as oito, tocarálles a aqueles xogadores que formaron parte dos primeiros planteis do Rasoeiro. Xente como Víctor Lueiro, José Ramón Outeda ou o incombustible Queco Fresco, que despois de tres décadas segue botándolle unha man ao club.

Os asistentes á xuntanza recibirán candansúa camisola conmemorativa, para disfrutar despois dos partidos dunha cea de confraternidade na que repoñer forzas.