Valladolid e Cangas traen hoxe a Asobal á bisbarra da man do Torneo Concello de Meaño

La Voz

AROUSA

Os amantes do bo balonmán teñen hoxe unha oportunidade única de disfrutar dun partido de luxo na bisbarra. Da man do Torneo Concello de Meaño, esta tarde ás oito e media, Pevafersa Valladolid e Cangas do Morrazo traen o balonmán Asobal ata o Pavillón de Coirón.

A boa relación persoal entre o alcalde de Meaño, Jorge Domínguez, e o presidente do Pevafersa Valladolid, Dionisio Miguel Recio, deu pé á celebración do encontro, que trae ata Meaño o actual campión da Recopa de Europa. Adestrado polo estratega do único Mundial gañado pola selección española de balonmán, Juan Carlos Pastor, o cadro pucelano chega cun plantel de primeira calidade recentemente reforzado polo porteiro internacional sueco Tomas Svensson. Na mente do Valladolid, as cinco competicións que disputará esta tempada.

Pola súa banda, o Cangas desprázase a Meaño cun plantel ben apuntalado tras o seu ascenso de regreso á Liga Asobal a pasada primavera, con caras novas coma a do porteiro internacional montenegrino Milan Kosanovic ou a do extremo Antonio Ugalde.