pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.arousa
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Organizan unha charla sobre as enquisas polo uso do galego

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

O colectivo Casaescola ven de organizar para mañá, ás oito da tarde no auditorio de Vilagarcía, un acto informativo sobre os cuestionarios remitidos pola Xunta aos pais sobre o uso do galego no ensino. Nese acto participarán membros de distintos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino do municipio.

Casaescola decidiuse a convocar este acto, explica o colectivo, porque «sabemos que neste momento hai centros da nosa localidade onde, debido á prohibición da inspección educativa, impediuse unha achega de información ás familias por parte dos docentes ou das Anpas». Algo que non lle parece de recibo: tendo en conta que as enquisas «serán tidas en conta á hora de deseñar as futuras políticas lingüísticas no ámbito da educación non universitaria de Galicia», resulta lóxico pensar que os pais deben ter toda a información ao seu alcance para poder elixir e, ademais, para lograr plasmar a súa elección nas respostas da enquisa. Porque, segundo afirma Casaescola e con ela outros moitos colectivos educativos, as preguntas tal e como están plantexadas son «ambiguas e imprecisas». Fan referencia ás «asignaturas troncais», un detalle que fai que «por exemplo, cando un pai/nai queira manifestar que desexa que o seu fillo reciba o 50% das materias en galego, deberá escoller a opción que na enquisa aparece como 'todas en galego'». «Lamentamos que unha vez que se di consultar ás familias, se leve a cabo unha consulta tan irregular, precipitada e sen ningún valor científico, onde a información brilla pola súa ausencia e prohibindo o debate nos centros, necesario ante un tema tan trascendente como o futuro do galego».

 

ENVIAR NOTICIA  

Organizan unha charla sobre as enquisas polo uso do galego

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.arousa
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.arousa
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.arousa
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.