O maxisterio guiou a carreira profesional do que podería terse convertido nun especialista en madeira
AROUSA
13 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Se no canto de traballar sobre libros e apuntes, Alfonso o fixera sobre madeira, non tería demasiados problemas para subsistir. Precisamente di que ten madeira para iso e que en canto pode, customiza o seu entorno. De feito, na ebanistería non acaba esa paixón creativa e funcional. Daría tamén un bo albanel, e para mostra, o botón da súa propia casa, xa que presume de que «hai moitos ladrillos postos por estas mans». Ademais, pasa por ser un home que gusta de virtudes como a puntualidade e recoñece que aínda que xa pasaron moitos anos, «podería retomar fácilmente o latín que aprendín de novo».