07 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
Os homes de Jaime soterraron o pasado sábado calquera opción de victoria ante o Teucro B nunha primeira parte na que renunciaron á defensa. Foi así como o filial pontevedrés, sen facer nada do outro mundo e con Serguei Tsybanev aglutinando todo o seu xogo, se ía sete arriba ao descanso: 11-18. Na reanudación aflorou o amor propio dos xogadores do Rasoeiro, pero o cadro local só se acercou a un tanto a 10 segundos do final. Juanjo, con 12 goles, foi o referente ofensivo dos do Grove.