«A billarda é un xogo de maña, o campión é un chavaliño delgado»

A.G.

AROUSA

Meaño, en concreto o adro da Capela das Angustias, será este domingo a capital galega da billarda. Alí disputarase, desde as catro de serán, unha proba «á que virá xente de toda Galicia», di Abel Cancela.

-Como se meteu vostede nisto da billarda?

-Miramos en Internet o dos xogos tradicionais. Vimos isto da billarda e contactamos cuns de Lourenzá. Fixemos un intercambio hai catro anos. Eles trouxeron as fabas e nos puxemos o viño

-Pero o do domingo é algo máis grande.

-Virán corenta persoas de toda Galicia.

-É moi difícil collerlle o truco ao xogo? Hai que estar forte para poder xogar?

-O que vale é a práctica. É un tema máis de maña que de forza. O campión de hai catro anos era un chavaliño delgado.

-Xogan mulleres tamén?

-Si que o fan. Da outra vez xogou unha de sesenta anos que se lembraba de que xa xogaba de pequena

-Como se xoga?

-Hai que ter a pala e a billarda. Xógase a pares e hai que metela nun coito.

-E o que non teña material para xogar pode apuntarse igual?

-Si, haino aquí. Normalmente a xente que xoga trae cadanseu material. Teñen as palas pintadas. O que lle ten cariño tenlle algunha cousa escrita.