«Ninguén apareceu con máis ovos ca nos, falando do bolo, por suposto»

PARADELA

Os veciños de Paradela celebran todos os anos unha romaría na que o protagonista é o bolo de Pascua. Un pan no que utilizan máis de seis mil ovos.

-¿Como empezaron coa festa?

-Hai catorce anos collemos esta romaría que se celebrara, por última vez, nos anos cincuenta. Empezamos cunha simple festa de San Gregorio. Pero como se celebraba despois de Pascua e como aquí hai moita tradición, decidimos facer un bolo. Empezamos con cincuenta ovos ea o ano seguinte sempre o facíamos máis grande, e máis grade... Hai cuestión de seis anos quixemos facer un grande e metelo no récord Guines.

-¿E ninguén os superou?

-Non, polo que se ve ninguén apareceu con máis ovos ca nos, falando do bolo por suposto.

-Agora xa tendes hasta un molde especial ¿non?

-Temos un molde que fixemos e que ten 5,4 metros de largo por 2,2, de ancho. Agora todos os anos temos que enchelo de ovos.

-¿De onde sae tanto ovo?

-Empezan as mulleres o luns pedindo pola parroquia, pero agora a xente xa ven a traelos á panadería.

-¿Como se fai o bolo?

-O bolo leva bastante traballo. Empezamos ás sete na panadería a preparar a masa e despois entre catorce persoas temos que colocar ovo a ovo.

-¿E non sobra nada?

-Non, chega o domingo e en pouco máis de media hora acábase.