Os Ingleses aplasta o colista, o Muralla B, que se vai de Fontecarmoa cun 119-0

La Voz

AROUSA

O rugbi é un deses deportes que deixa escaso espacio á sorpresa. A diferencia entre un equipo como Os Ingleses de Vilagarcía, aspirante ao ascenso á Primeira División Nacional, e o Muralla B de Lugo, colista da Primeira Territorial e único conxunto sen coñecer a victoria, non podía agocharse despois de 80 minutos de partido.

O conxunto arousán non tivo piedade do seu frouxo rival, e o pasado sábado dedicouse no campo do estadio de Fontecarmoa a cebarse cun Muralla B convertido en saco de boxeo. O resultado, 119-0, fala por si só.

O marcador final proporcionoulle ao Os Ingleses o bonus para sumar 5 novos puntos. O contundente trunfo do Ibaser Lalín sobre o Zalaeta Universidad, 67-3, non lle permitíu ao cadro arousán aproximarse ao líder e o seu único rival polo ascenso, pero si rematar a primeira volta da Liga na segunda praza superando ao Vigo B. O Lalín dispón de 29 puntos, con seis victorias noutros tantos partidos, polos 25 puntos do Os Ingleses (cinco partidos gañados e un perdido) e os 20 do Vigo B (catro e dous). Os Ingleses descansa esta semana na primeira xornada da segunda volta. O día 26 xogaráse o todo polo todo en Lalín.